Cargando resultados...
A Xunta declara proxecto industrial estratéxico a planta de biometano que Nortegas fará en Curtis
Está previsto que a factoría comece a funcionar en 2026
G24.gal
27/01/2025 12:01
Última actualización 27/01/2025 13:50
O Consello da Xunta aprobou este luns a declaración como proxecto industrial estratéxico (PIE) a planta de produción de biometano que o Grupo Nortegas vai construír en Curtis.
Esta factoría permitirá transformar residuos orgánicos de explotacións gandeiras e avícolas en gas natural renovable.
O investimento inicial na súa construción e posta en marcha é de máis 15 millóns de euros e prevese a creación dunha trintena de postos de traballo. A previsión é que a fábrica comece a funcionar en 2026.