Consello de Ministros co Goberno en funcions
O BOE publica hoxe o cesamento do presidente e dos seus ministros e ministras
Sánchez volverá reunir previsiblemente o seu gabinete en funcións na segunda quincena de agosto

O xefe do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, preside a última reunión do Consello de Ministros antes da paréntese vacacional.
O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este martes o cesamento do xefe do Executivo, Pedro Sánchez, e o de todos os ministros do seu gabinete, que continuarán nos seus cargos en funcións ata a toma de posesión do novo presidente.
Sánchez volverá reunir previsiblemente ao seu gabinete en funcións na segunda quincena de agosto.
A entrada do Goberno en funcións, segundo a lei, limita algunha das súas decisións, entre elas a de non poder aprobar os orzamentos xerais do Estado nin presentar outros proxectos de lei ao Congreso ou ao Senado.