Consumo pide retirar lotes de tinto de verán de La Casera por conter fragmentos de vidro
Galicia está entre as comunidades autónomas en que foron distribuídos
A AESAN pide non consumilos en caso de telos na casa

A Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN), adscrita ao Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, pediu a retirada de varios lotes de tinto de verán da marca La Casera pola posible presenza de fragmentos de vidro. Galicia está entre as comunidades de distribución.
Os produtos afectados son o tinto de verán con limón, con limón 0,0 e con gasosa. En caso de telos na casa, a AESAN pide non consumilos.
No tinto de verán con limón, os lotes afectados son os seguintes: 1041024197, con data de caducidade do 15/07/2025; 1041024198, con data de caducidade do 16/07/2025; 1041024199, con data de caducidade do 17/07/2025; 1041024200, con data de caducidade do 18/07/2025; 1041124222, con data de caducidade do 09/08/2025; 1041124223, con data de caducidade do 10/08/2025; e 1041024239, con data de caducidade do 26/08/2025.
Os lotes afectados do tinto de verán con limón 0,0 son: 1041024200, con caducidade o 18/07/2025, e o 1041224201, con caducidade o 19/07/2025.
Por último, os lotes afectados do tinto de verán con gasosa son: 1041224201 (con data de caducidade do 19/07/2025) e 1041324221 (con data de caducidade o 08/08/2025). A propia empresa comunicou a incidencia ás autoridades competentes, en cumprimento da lexislación e a fin de non poñer ao dispor da poboación alimentos non seguros.
A AESAN foi informada a través o Sistema Coordinado de Intercambio Rápido de Información (SCIRI).
Segundo a información dispoñible, a distribución inicial foi ás comunidades autónomas de Andalucía, Asturias, Aragón, Illas Baleares, Cantabria, Cataluña, Castela-A Mancha, Castela e León, Illas Canarias, Estremadura, Galicia, Madrid, Murcia, País Vasco e Comunidade Valenciana, aínda que non é descartable que poidan existir redistribucións nas outras comunidades autónomas.
Esta información foi trasladada ás autoridades competentes das comunidades autónomas a través do SCIRI, co obxecto de que se verifique a retirada dos produtos afectados das canles de comercialización.