Cargando resultados...
O informe da Garda Civil do atropelo de Touro confirmaría a versión do chofer do bus
O condutor do autocar declarou que non deu marcha atrás cando o mozo falecido caeu ao chan
Axentes da Garda Civil inspeccionan o autobús implicado
G24.gal
04/01/2025 12:30
Última actualización 04/01/2025 13:06
O informe da Garda Civil para o xulgado de Arzúa que leva o caso do atropelo mortal da Noitevella confirmaría o que declarou o condutor: que non deu marcha atrás.
Inclúe tamén algunhas declaracións de testemuñas que ían no autobús. O accidente fatal produciríase cando o mozo se achegou ao vehículo, que estaba en movemento, e caeu ao chan.
O autocar pasoulle por riba cunha das rodas traseiras e causoulle a morte. O chofer non se decatou do acontecido ata horas despois, cando os axentes da Garda Civil de Tráfico atoparon o autocar na Laracha.