Publicador de contidos

Publicador de contidos

Crean a autoridade independente para investigar accidentes de tren e avión

Crean a autoridade independente para investigar accidentes de tren e avión

As investigacións en curso continuarán a súa tramitación sen que haxa unha paralización

O proxecto de lei será remitido ás Cortes Xerais para a súa aprobación como lei polo procedemento de urxencia

G24.gal 14/03/2023 18:24 Última actualización 14/03/2023 18:50

O Goberno aprobou este martes o proxecto de lei para a creación da Autoridade Administrativa Independiente para a investigación técnica de accidentes e incidentes ferroviarios, marítimos e de aviación civil.

O seu cometido será esclarecer as súas causas e evitar a recorrencia, propoñendo recomendacións que melloren a seguridade, segundo informou o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

A nova autoridade exercerá as funcións que actualmente desenvolven as tres comisións existentes para a investigación de accidentes e incidentes ferroviarios, marítimos e aéreos, adscritas orgánicamente ao Mitma en réxime de independencia funcional.

As investigacións en curso continuarán a súa tramitación sen que haxa unha paralización destas, fixándose un período transitorio entre a aprobación da lei e a constitución efectiva da autoridade en que as comisións actuais seguirán desenvolvendo as súas funcións.

O proxecto de lei será remitido ás Cortes Xerais para a súa aprobación como lei polo procedemento de urxencia e, posteriormente, tramitarase a aprobación por parte do Consello de Ministros, do Estatuto Orgánico da Autoridade, co fin de que poida entrar en funcionamento esta lexislatura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos