Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cristóbal: "Asino que o rival sexa mellor media hora e gañemos nós, como en Elxe"

Cristóbal: "Asino que o rival sexa mellor media hora e gañemos nós, como en Elxe"

O Rácing viaxa a Oviedo con todos os dipoñibles, agás Álvaro Jiménez

Repetir e mellorar a actuación de Elxe é o obxectivo diante dun aspirante ao ascenso

G24.gal 19/08/2023 12:46

Cristóbal Parralo compareceu na previa da segunda xornada ligueira, despois da vitoria na estrea contra o Elxe. Pero o técnico non cre que vaia haber moitos paralelismos entre os dous partidos. "Non sabemos o que acontecerá mañá. É un partido distinto, polo factor anímico, pola calidade do rival, o noso equipo deu unha resposta boa e estamos contentos. Mañá temos que intentar facer un bo partido. Asino que o rival sexa 30 minutos mellor e nós gañemos".

Cristóbal, que confirmou que viaxa todo o equipo agás Álvaro Jiménez, referiuse á fenomenal resposta da afección na volta ao fútbol profesional. "Teño unha afección incrible, e non queremos decepcionala. O noso obxectivo é manternos, e para iso imos necesitar esa axuda e ímola ter". 

Sobre o rival, admitiu que é un claro candidato ao ascenso. "Todos temos uns obxectivos, e o do Oviedo será ascender, igual co Zaragoza, o Valladolid e moitos outros equipos. Estamos contentos de xogar nunha liga tan forte. Intentaremos competir ben".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade