Cargando resultados...
Fai 40 anos da vitoria histórica do PSOE nas eleccións xerais
Felipe González obtivo unha maioría absoluta de 202 escanos nas eleccións xerais de 1982
G24.gal
28/10/2022 14:26
Tal día coma hoxe, fai 40 anos, o Partido Socialista gañaba as eleccións xerais. A vitoria de Felipe González iniciou unha etapa de modernización e de consolidación da democracia en España.
O PSOE accedía ao poder tras o franquismo cunha maioría absoluta de 202 escanos, que ningún partido volveu repetir. González tamén bateu o récord de permanencia no cargo, con case catorce anos na Moncloa.