Cargando resultados...
Defensa confirma que España enviará 6 carros de combate Leopard a Ucraína

G24.gal
22/02/2023 14:37
Última actualización 22/02/2023 14:44
A ministra de Defensa, Margarita Robles, confirmou este mércores que España enviará seis carros de combate Leopard a Ucraína, un número que podería incrementarse se fose necesario e os países aliados así o solicitaran. Robles respondía así no Pleno do Congreso a unha interpelación do grupo popular.
Tamén informou de que os tanques, que se integrarán dentro dun batallón, están sendo reparados para poñelos ao día e confía en que poidan ser enviados a finais de marzo ou principios de abril.