Derrota española ante Australia no hóckey (3-1)
O último cuarto decantou o partido para o lado australiano (3-1)
España xa estaba clasificada para a rolda de cuartos de final

España perde contra Australia no último partido de fase de grupos. As españolas xa tiñan atada a clasificación para a fase final, pero loitaron o resultado, adverso dende os primeiros minutos, e malia que puxeron o empate, perderon no último cuarto (3-1).
As de Carlos García encaixaron o primeiro gol case ao comezo do encontro. Partido moi de medio campo no que non pasaba gran cousa. Pero preto de rematar o terceiro cuarto, España empatou de penalti. Estaba todo aberto para o derradeiro acto.
E Australia foi mellor e obtivo dous goles, ambos nunha xogada a bola parada. Derrota dura, pero un ma menor contando que as de Carlos García xa están na seguinte rolda. Tócalles agora impoñerse nos cuartos de final e acercarse á loita polas medallas.