Desaloxan en Vigo dous edificios de alugueiro por cuartos polo deficiente estado do sistema eléctrico
Desaloxan en Vigo dous edificios de alugueiro por cuartos polo deficiente estado do sistema eléctrico
O desaloxo será transitorio e o Goberno local garantirá unha alternativa residencial a estas persoas
O Concello de Vigo ordenou esta mesma mañá o desaloxo das corenta e dúas persoas que viven nos inmobles 11 e 13 desta rúa Fisterra. Pagan, segundo din, entre 150 e 200 euros por cuarto, pero as condicións de seguridade e salubridade son malas.
Tres dotacións policiais entre Local e Nacional despregáronse pola zona desde as dez da mañá. Ata o lugar tamén se desprazaron laceiros do Concello para retirar os cans e persoal de Urbanismo e Servizos Sociais municipais. O desaloxo será transitorio e o Goberno Local garantirá unha alternativa residencial a estas persoas.
Os veciños doutras vivendas próximas levan anos denunciando os constantes altercados, o movemento de drogas e as liortas. A presenza policial tamén é constante polo que o operativo de hoxe non lle estrañou a ninguén.
Inicialmente o Concello prevé que o desaloxo se produza motu propio de xeito gradual. Cando se resolvan as deficiencias, sobre todo eléctricas, do edificio, os inquilinos do inmoble poderán volver habitar nel.