Desde este martes pódese solicitar cita para facer a declaración da renda por teléfono
A Axencia Tributaria sinala o xoves como o día a partir do que empezará a chamar a quen teña interese nesta modalidade
Toda a información en: sede.agenciatributaria.gob.es

O calendario da campaña da renda 2021 ten o día de mañá, martes 3, como o de comezo para solicitar cita quen queira facer a declaración por teléfono.
Para pedir a cita hai varias posibilidades: a traves da web ou da app da Axencia Tributaria, por teléfono de servizo automático as 24 horas e tamén hai posibilidade de atención persoal.
A Axencia Tributaria sinala o xoves como o primeiro día para efectuar as declaracións telefonicamente e o último o 30 de xuño, que é cando remata a campaña.
A cita para facer a declaración de xeito presencial na Axencia Tributaria poderase pedir a partir do 26.
Toda a información en: sede.agenciatributaria.gob.es