Desmantelan en Galicia un grupo de sextorsión que operaba en toda España
Hai catro membros da rede detidos en Ferrol, Oleiros, Teixeiro e O Carballiño e unha orde de detención internacional contra o líder, fuxido na República Dominicana
Axentes da Garda Civil realizaron unha operación na Coruña que logrou desmantelar un grupo criminal asentado en Galicia que se dedicaba a sextorsión. Ameazaban as vítimas, que eran usuarios de páxinas de contactos sexuais, para lograr cartos polo seu silencio.
As vítimas contactaban cunha muller por medio dunha páxina de contactos sexuais e concertaban unha cita que nunha chegaba a producirse.
Porén, recibían despois graves ameazas polos gastos ocasionados por non presentarse ao encontro. A pesar de que pagaron o que lles pedían, as ameazas nunca cesaban.
Os catro detidos pasaron xa a disposición xudicial e hai unha orde de detención internacional contra o líder da banda, fuxido á República Dominicana. A operación policial denominouse Amaurus.