Cargando resultados...
Tegestacín desmonta a súa factoría láctea
Denuncian que teñen débedas cos empregados
As instalacións de Outeiro de Rei tiñan capacidade para 100.000 litros anuais

G24.gal
02/06/2022 20:51
A firma Tegestacín está a desmontar a planta láctea que tiña no concello lugués de Outeiro de Rei. Un guindastre comezou a retirar os silos de almacenamento de leite. Ponse así fin a actividade da que foi unha factoría de referencia cunha capacidade de produción duns 100.000 litros anuais.
Entre tanto, a CIG tramita unha denuncia por insolvencia punible ao entender que a empresa está a vender o material a outra firma mentres que segue sen pagar os salarios e as indemnizacións pendentes aos 70 empregados da factoría.