Cargando resultados...
Deteñen en Madrid un proxeneta ucraíno que traía dúas rapazas do seu país para prostituilas
As menores tiñan 15 e 16 anos e viñeran sen autorización dos pais

G24.gal
01/04/2022 18:45
A policía detén en Madrid un home que traía dúas rapazas ucraínas de 15 e 16 anos para prostituílas en España.
Unha das menores mantiña unha relación con el e á outra convencérona de que abandonase Ucraína en contra da vontade dos seus pais.
O home facíase pasar polo tío das nenas.
Foi o responsable dunha ONG o que detectou e denunciou a situación.
Os axentes arrestárono cando chegaron á estación de autouses sur.
O home, tamén ucraíno, está acusado de trata de seres humanos e substracción de menores.