Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen en Marbella o histórico narcotraficante don Carlos

Deteñen en Marbella o histórico narcotraficante don Carlos

Arrestárono cando negociaba o traslado de 60 quilos de cocaína agochados en flores

 

 

G24.gal 05/03/2022 11:56

A Policía Nacional detivo o histórico narcotraficante alcumado don Carlos, relacionado cos principais cárteles da droga en Colombia, de Medellín e de Cali. Os axentes deron con el en Marbella cando negociaba con 60 quilos de cocaína procedentes de Colombia agochados en caixas de flores. A intención era levar a droga desde Sevilla ata Málaga.

A operación policial permitiu o arresto de dous membros da organización e a intervención no domicilio de don Carlos de máis de 200.000 euros en efectivo e un revólver. Tamén se bloquearon inmobles por valor de 350.000 euros e conxeláronse contas de tres persoas e de sociedades.

A investigación prolongouse 18 meses e iniciouse cando o detido pretendía importar grandes cantidades de cocaína desde Suramérica.

"Don Carlos"

F. C. F. G., alcumado don Carlos, é unha persoa coñecida pola Policía Nacional desde 1993, cando se tiveron os primeiros indicios dos seus contactos con responsables de redes de narcotraficantes en Europa e América.

Condenado pola Audiencia Provincial a 24 anos de prisión, acusado de liderar unha organización que, entre outros delitos, secuestrou dúas mulleres por unha débeda do narcotráfico.

Catalogado como un poderoso narco español que residiu moitos anos en Venezuela e Colombia e que puxo en marcha unha xigantesca rede de lavado de cartos.

Tiña relacións de alto nivel cos principais narcos de Suramérica e prestaba servizos ao cártel de Medellín e mesmo fixou a súa residencia na casa madrileña dun ex-xefe do cártel de Cali.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Cuando la droga llegó a España, procedente de Colombia y oculta entre flores, los agentes intervinieron el cargamento antes de iniciar su traslado a los clientes finales. 

La operación se llevó a cabo en una nave situada en un polígono industrial ubicado en las afueras de Sevilla, donde fue localizado el vehículo que pretendían utilizar para el traslado de la droga.

"Don Carlos"

F.C.F.G., apodado “Don Carlos”, es una persona conocida por la Policía Nacional desde 1993, cuando se tuvieron los primeros indicios de sus contactos con significativos exponentes del narcotráfico de Europa y de Sudamérica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade