Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen preto dun instituto de Ordes un home acusado de manter relacións sexuais cunha menor

Deteñen preto dun instituto de Ordes un home acusado de manter relacións sexuais cunha menor

A detención produciuse nas proximidades do centro escolar, aínda que o arrestado non ten relación co instituto

A menor ten menos de 16 anos e, polo tanto, está por baixo da idade mínima de consentimento legal

O xuíz decretou a súa posta en liberdade provisoria. Prohibíuselle achegarse e comunicarse coa menor

G24.gal 25/09/2026 12:47

A Garda Civil detivo este xoves ante un instituto de Ordes un home de 37 anos acusado de manter relacións sexuais cunha menor que estuda no centro.

Segundo confirmaron a Europa Press fontes próximas, a detención produciuse nas proximidades do centro escolar, aínda que o arrestado non ten relación co instituto. A menor ten menos de 16 anos e, por tanto, está por baixo da idade mínima de consentimento legal.

A alerta sobre o caso foi recibida pola Policía Local de Ordes, que informou a Garda Civil. Ambos os corpos estableceron un operativo para identificar ao presunto autor e proceder á súa detención.

Segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o home pasou á disposición xudicial como investigado este venres e o xuíz decretou a súa posta en liberdade provisoria. Prohibíuselle achegarse e comunicarse coa menor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade