Deteñen un home disfrazado de colexiala no cuarto de baño dun colexio de nenas no Perú
Nais e pais das pequenas tentaron agredilo cando os axentes o levaban cara ao coche policial
O detido pode ser acusado de actos libidinosos e contra o pudor
Con trenzas e uniforme. O home de 42 anos ía vestido con uniforme de colexiala entrou a primeira hora no colexio Santa Rosa de América na cidade de Huancayo no Perú. Levaba unha máscara anticovid para ocultarse e poder pasar desapercibido.
Malia todo déronse de conta da súa presenza pola actitude sospeitosa e chamaron a policía, que o sacou do centro educactivo entre os apupos das veciñas e veciños. Mesmo chegaron a intentar agredilo e tiráronlle do pelo cando o metían no coche policial.
Levárono ao Instituto de Medicina Legal, onde lle fixeron un exame psicolóxico
Requisáronlle o teléfono móbil por se tivese que ver con algunha mafia que puidese estar gravando as pequenas nos cuartos de baño ou saber se tiña cómplices.
O detido pode ser acusado de actos libidinosos e contra o pudor.