Cargando resultados...
DROGAS INTERVIDAS AO MOZO DE 19 ANOS NA RÚA/ ARQUIVO GARDA CIVIL OURENSE
Deteñen un mozo na Rúa con éxtase, 'popper', haxix e medicinas
Os axentes da Garda Civil arrestaron o valdeorrérs de 19 anos, en posesión de diferentes drogas

G24.gal
15/07/2023 13:59
Última actualización 15/07/2023 14:07
A Garda Civil da Rúa detivo un veciño da localidade ourensá tras ser interceptado con seis pastillas de MDMA (éxtase), 24 mililitros de popper e 19,5 gramos de haxix.
O mozo, de 19 anos, foi interceptado no Paseo O Aguillón da Rúa., informou a Garda Civil. Ademais, levaba tamén medicamentos sobre os que non achegaba xustificante médico.
O caso lévao o xulgado do Barco de Valdeorras e o home está a ser investigado como presunto autor dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas.