Detida unha muller en Sada como presunta agresora da súa compañeira de piso
Supostamente asestoulle dúas coiteladas na cara á súa inquilina
A Garda Civil detivo unha muller no seu domicilio en Sada, logo que que supostamente lle asestara dúas coiteladas na cara á súa compañeira de piso.
A presunta agresión foi de madrugada, e, malia que os berros alertaron os veciños, non se asustaron. Din que están afeitos ás leas nesa vivenda. "Arredor das doce e media da noite escoitamos berros e vimos unha señora correndo coa man na cara" relata un veciño. "Pensamos que dera un golpe, e non lle demos máis importancia, non houbo máis ruído", engade.
A vítima recibiu asistencia sanitaria no CHUAC, e a presunta agresora foi detida. Parece que dun tempo a esta parte a muller aluga habitacións no seu piso, e a vítima sería unha desas inquilinas temporais. Os veciños aseguran que xa non é a primeira vez que hai problemas entre eles.
A vivenda quedou precintada, e a muller detida pasou a disposición xudicial no xulgado de Betanzos.