Cargando resultados...
Detidas tres persoas en Pontevedra no marco dunha operación de pornografía infantil
Hai unha cuarta persoa investigada no marco desta operación Cuervo

G24.gal
19/11/2021 16:59
Detidas tres persoas, e unha cuarta investigada, no marco da operación Cuervo contra a pornografía infantil levada a cabo pola Policía Nacional e a sección de Ciberdelincuencia da Comisaría de Pontevedra.
Neste mesmo operativo tamén se incautaron numerosos equipos informáticos. A investigación iniciouse a principios deste ano ao detectar actividades sospeitosas na provincia, cunhas dilixencias levadas a cabo polo xulgado de Instrucción de Pontevedra.
Máis tarde, ao ramificarse a investigación noutras dúas localidades da provincia, participan tamén xulgados de Vilagarcía de Arousa e Ponteareas.
A operación continúa aberta e pendente de novas actuacións.