Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detidas tres persoas por un accidente laboral en que morreu un traballador o pasado febreiro en Carballo

Detidas tres persoas por un accidente laboral en que morreu un traballador o pasado febreiro en Carballo

O home carecía da protección adecuada e do permiso legal para traballar en España

A vítima precipitárase ao baleiro desde unha carretilla elevadora

Os detidos, responsables de dúas empresas, quedaron en liberdade despois de declararen

G24.gal 27/03/2024 08:53

A Garda Civil detivo tres persoas por mor da morte dun operario nunha empresa do polígono de Bértoa, en Carballo, o pasado 26 de febreiro. O home carecía da protección adecuada e do permiso legal para traballar en España.

A vítima precipitárase ao baleiro desde unha carretilla elevadora

Os feitos ocorreron o mencionado día pola tarde, cando a vítima se precipitou ao baleiro desde unha carretilla elevadora en que se atopaba traballando. Urxencias Sanitarias-061 chegara a mobilizar o helicóptero con base en Santiago, pero os profesionais desprazados ao lugar só puideron confirmar o seu falecemento.

Por mor deste suceso, a Garda Civil iniciou unha investigación para esclarecer as circunstancias do sinistro. Así, o Equipo Territorial da Policía Xudicial constatou que, no momento dos feitos, o falecido carecía de equipamento de protección individual co que protexerse, así como da acreditación legal para traballar en territorio nacional.

Os detidos quedaron en liberdade despois de declararen

De tal modo, o Instituto Armado procedeu a realizar ata tres detencións, a primeira delas o pasado xoves, 21 de marzo, e as outras en días posteriores.

En concreto, foron apreixados un responsable da compañía promotora das obras de reforma e outros dous responsables da empresa contratada para a súa execución. Os tres quedaron en liberdade xa en sede policial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade