Cargando resultados...
Arrestado por atropelar un mozo co coche e encaixalo contra un muro en Sanxenxo
A vítima foi trasladada ao hospital Montecelo de Pontevedra cun forte golpe na perna

G24.gal
05/08/2023 21:11
Última actualización 06/08/2023 09:07
A Policía Local de Sanxenxo detivo este domingo un mozo de 27 años, veciño de Nantes, por intento de homicidio.
Segundo informa o gabinete de prensa do concello, atropelou outro mozo co seu coche, encaixándoo contra un muro de pedra.
A vítima foi trasladada ao hospital Montecelo de Pontevedra cun forte golpe nunha perna. Os feitos aconteceron ás sete da tarde na Lamela e agora investigan as circunstancias do suceso.