Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido por meterlle na boca un coitelo de 20 centímetros ao seu fillo, de tan só tres meses

Detido por meterlle na boca un coitelo de 20 centímetros ao seu fillo, de tan só tres meses

O home está acusado de cometer abusos, que están gravados nun vídeo de teléfono móbil

O home foi detido pola Policía Nacional
G24.gal 02/12/2024 16:25

En Cádiz detiveron un pai acusado de maltratar o seu fillo, un bebé de tan só tres meses. Segundo a investigación da Policía Nacional e Garda Civil, os abusos están gravados nun vídeo de teléfono móbil.

Nesas imaxes, sae o home bañando o pequeno de tres meses ao aire libre e con auga fría, e tamén se ve como lle introduce un coitelo duns vinte centímetros ao pequeno na boca.

A familia vivía en Cáceres, os veciños alertaron a policía. Localizaron o home e súa parella en Cádiz. El foi detido acusado dun presunto delito de malos tratos no ámbito familiar. O bebé, de tres meses, estaba na casa da súa avoa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade