Detido un home de Allariz por perseguir a súa exparella ata a gardería onde ela traballa
Conduciu de forma neglixente polo centro histórico, con risco de atropelo
O detido acudiu á escola infantil onde traballa a muller e alí lanzou pedras contra os cristais do centro, que rompeu

Un veciño de Allariz de 46 anos foi detido pola Garda Civil acusado de varios delitos, entre eles violencia machista, tras conducir de forma temeraria e perseguir á súa ex parella ata presentarse no lugar de traballo dela.
Os feitos comezaron ás 8:50 horas da mañá, cando o agora detido conducía de forma neglixente e temeraria con risco de atropelo en centro urbano, sen que a Garda Civil puidese darlle o alto.
Xa sobre as 10,00, o acusado acudiu á escola infantil onde traballa a muller e alí lanzou pedras contra os cristais do centro, que rompeu. Nese momento, tanto a muller como o resto do persoal estaban a ser protexidas por axentes deste corpo de seguridade.
O home, que acabou detido, chegou a chantaxear á vítima con suicidarse se non retomaban a relación sentimental. Posteriormente, os axentes lograron detelo, pero nese momento o home lanzoulles unha botella ao lanzala e agrediu con puñadas a un efectivo, segundo relata a Garda Civil.
Tras ser "reducido e estabilizado", foi trasladada en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) para unha valoración. O detido está acusado dun delito de violencia de xénero, outro contra a seguridade do tráfico, un delito de danos e outro de atentado á autoridade contra un axente.