Detido un mozo en Vilagarcía que colgou en redes vídeos circulando a 120 quilómetros por hora en vías limitadas a 30
Detido un mozo en Vilagarcía que colgou en redes vídeos circulando a 120 quilómetros por hora en vías limitadas a 30
O arrestado non ten carné de conducir e nas gravacións non levaba posto o cinto de seguridade
A Policía Nacional detivo en Vilagarcía de Arousa un mozo sen permiso de conducir que compartiu vídeos en redes sociais nos que circulaba nun coche de xeito temerario.
Segundo o corpo policial, ata en catro ocasiones alcanzou os 120 quilómetros por hora, sen levar posto o cinto de seguridade, por vías urbanas con velocidade limitada a 30.
A investigación comezou con tarefas de ciberpatrullaxe nas que detectaron uns vídeos, nunha rede social, nos que o arrestado facía perigosas manobras cun vehículo.
Os axentes pescudaron a identidade do mozo e comprobaron que non tiña permiso de conducir. Está a ser investigado por un delito contra a seguridade viaria.