Cargando resultados...
Detido un pedófilo en Logroño con mil arquivos de pornografía infantil
As súas actividades foron detectadas por unha entidade estranxeira de loita contra a pornografía infantil en Internet

G24.gal
27/04/2023 10:10
Detido un pedófilo de 60 anos en Logroño que acumulaba ata mil arquivos de pornografía infantil. No rexistro do seu domicilio, a Policía Nacional achou abundante material pornográfico nos seus dispositivos, ordenadores, discos duros e pendrives, e constataron que o detido tamén o distribuía. Non tiña antecedentes penais.
A súa actividade ilícita detectouna unha entidade estranxeira de loita contra a explotación sexual de menores en Internet.