Cargando resultados...
Detidos tres traballadores dunha residencia en Alacante por presuntos malos tratos
Son o responsable da residencia, un coordinador e un traballador do centro para persoas adultas e menores con trastornos do espectro autista

G24.gal
19/11/2021 09:04
A Garda Civil prendeu tres empregados dunha residencia do Campello, Alacante, por presuntos malos tratos.
Son o responsable da residencia, un coordinador e un traballador do centro para persoas adultas e menores con trastornos do espectro autista que xestiona a asociación Educatea.
Os malos tratos produciríanse nunha vivenda da asociación. Outros tres traballadores están investigados polos mesmos feitos.