Publicador de contidos

Publicador de contidos

Día Mundial dos Primeiros Auxilios: as manobras que poden salvar vidas

Día Mundial dos Primeiros Auxilios: as manobras que poden salvar vidas

Só un de cada dez pacientes sobrevive a unha parada cardiopulmonar fóra do hospital

Os expertos lembran que é moi importante saber actuar a tempo

G24.gal 12/09/2026 20:38

No Día Mundial dos Primeiros Auxilios, os expertos lembran que manobras sinxelas coma estas, dunha reanimación cardiopulonar, poden marcar a diferenza entre a vida e a morte. 

"Son manobras tan sinxelas e salvan tantas vidas... Simplemente con premer no peito poden facer que non estea aquí ou que estea mañá", explica Roberto Barcala, catedrático experto en Socorrismo na Universidade de Vigo

"A verdade é que non me atrevería a facelo, non teño coñecemento perfecto para poder facelo", opina un corredor que participa nunha carreira.

Din que romper ese medo é fundamental. Calquera persoa, sen formación sanitaria previa, pode facer unha reanimación cardiopulmonar. 

"Enlazando as mans sobre o peito da vítima, comprimindo continuamente sen deternos, o tempo nececesario ata que cheguen os servizos de emerxencia", explica Roberto Barcala.

"Si, hoxe en día se pasa aquí algo pois podes botar unha man". "Si, moitas veces é moi necesario, salva vidas", din dous corredores.

Pero antes da manobra, recomendan chamar decontado ao 112 e solicitar un desfibrilador. No caso de que haxa un cerca, o propio aparello dá as instrucións.

"O desfibrilador é un aparato sinxelo, 100 % seguro e que ademais ofrece instrucións en tempo real, e acompañado polo servizo de emerxencias, non vai provocar ningún problema", asegura Roberto Barcala, catedrático experto en Socorrismo na Universidade de Vigo

Actuar con rapidez nunha parada cardiopulmonar é clave. Sen osíxeno, o cerebro sofre danos graves e cada minuto sen actuar reduce a supervivencia nun 10 %. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade