Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous de cada tres nenos ucraínos están desprazados ou refuxiados

Dous de cada tres nenos ucraínos están desprazados ou refuxiados

Unicef alerta das condicións desesperadas en Mariupol

Douscentos cincuenta menores morreron e máis de 300 quedaron feridos

7,5 millóns de nenos están en perigo en Ucraína
G24.gal 06/05/2022 08:26

Dous de cada tres nenos ucraínos están desprazados ou refuxiados noutro país, segundo denunciou Unicef. O Fondo de Nacións Unidas para a Infancia di que a situación de sete millóns e medio de nenos é cada día máis desesperada, sobre todo no leste e no sur do país. Desde que comezou a guerra, polo menos 250 menores morreron e máis de 300 resultaron feridos. 

Di Unicef que a guerra ten rostro de neno. Unha crise humanitaria, que, coma sempre soe suceder, se ceba cos máis febles, cos máis pequenos.

Unicef calcula que máis de 15 millóns de nenos e as súas familias dentro de Ucraína necesitan axuda humanitaria. Sobre todo, as condicións están empeorando en lugares coma Mariupol. 

É a maior crise de refuxiados, din no Fondo de Nacións Unidas para a Infancia, desde a Segunda Guerra Mundial. Máis de trece millóns de desprazados.

A España chegaron xa 130.000 refuxiados ucraínos. O 38 % deles son nenos e adolescentes. Máis de 800 menores chegaron sós.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade