Cargando resultados...
Dúas mozas gravan un suposto intento de rapto en Leganés
Un home abórdaas cando estaban na parada do bus e ofrécelles drogas e cartos para que vaian con el

G24.gal
09/03/2023 08:40
Dúas mozas menores de idade foron vítimas dun intento de secuestro en Leganés que gravaron en móbil. Un home abórdaas cando estaban na parada do bus e ofrécelles drogas e cartos para que vaian con el. Elas néganse e, cando soben ao bus, el agarra e retén unha delas. As mozas logran zafarse del e marchan correndo para pedir axuda. Acaban refuxiándose nun bar.
O home, de 32 anos e con numerosos antecedentes, xa foi detido.