Cargando resultados...
Dúas persoas feridas depois de que un cabalo os levara por diante na celebración do Curro de Mougás
Foron trasladados a un centro hospitalario de Vigo con lesións de diversa consideración
G24.gal
13/06/2022 14:22
O suceso tivo lugar nunha das pistas próxima ao curro de Mougás, en Oia, tras a celebración do espectáculo etnográfico máis antigo de Galicia.
Descoñécense as causas polas que tras acabar o curro o cabalo que estaba a ser montado por un xinete, atropelou tres persoas que se atopaban na zona, á última hora da tarde.
Ata o lugar, unha zona de difícil acceso, acudiron varias ambulancias, e o helicóptero do 061 con base en Ourense que finalmente non tivo que intervir. Os feridos son dous homes veciños de Tomiño e Baiona que sufriron feridas de diversa consideración.
Tras ser atendidos no lugar, ambos feridos foron trasladados a un centro hospitalario de Vigo.