Cargando resultados...
Ducias de persoas maniféstanse en Valencia contra a vacinación covid

G24.gal
27/12/2021 11:00
Ducias de cidadáns manifestáronse este domingo polas rúas de Valencia contra o pasaporte covid e a vacinación infantil baixo lemas como "As vacinas da morte" ou "Non é unha pandemia, é un xenocidio".
A maioría dos participantes ían sen máscara aos berros de "Liberdade", "Os nenos non se tocan" e "Non ao pasaporte xudeu".
Os colectivos convocantes consideran que o pasaporte covid é anticonstitucional, ineficaz, coercitivo, discriminatorio e segregador social.