Eduardo Coudet, outra vítima dun mes de novembro maldito no Celta
Nestas mesmas datas, foron despedidos Óscar García, Fran Escribá e o mexicano Mohamed
Novembro é o mes maldito para os adestradores de Carlos Mouriño. Agora tócalle ao Chacho Coudet pero tamén, por estas mesmas datas, foron despedidos en Vigo Óscar García, Fran Escribá e o mexicano Mohamed.
Caen os adestradores do Celta no mes de difuntos, consecuencia do malos inicios de liga que está asinando o Celta nas últimas temporadas.
O Celta fixo ofical no seguinte comunicado, a destitución de Coudet:
O Chacho Coudet e o seu corpo técnico desvincúlanse do R. C. Celta tras unha frutífera etapa, que comezou o 12 de novembro do ano 2020. O técnico arxentino abandona por tanto o club tras dous anos nos que o equipo ofreceu un gran rendemento.
Coudet chegou ao R. C. Celta nunha situación delicada, xa que o conxunto celeste estaba penúltimo na táboa clasificatoria. Esa tempada, o equipo acabou oitavo tras unha espectacular remontada. A pasada campaña, o R. C. Celta acabo na undécima posición. O club, tras esta difícil decisión, quere expresarlle a Chacho Coudet e aos seus axudantes o seu máis sincero agradecemento pola entrega, honestidade e profesionalidade que mostraron desde o primeiro día da súa etapa en Vigo, na que sempre ofreceron unha actitude encomiable e realizaron un traballo excepcional, sen regatear esforzos e cunha implicación exemplar. O R. C. Celta quere ademais desexarlles sorte e éxito na súa nova etapa deportiva.