Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo perde contra un Levante máis efectivo en Riazor (1-2)

O Deportivo perde contra un Levante máis efectivo en Riazor (1-2)

O equipo levantino adiantouse por medio de Carlos Álvarez cando mellor estaba o Deportivo

Empatou Villares no 81 logo dunha gran xogada de Yeremay

So dous minutos despois da igualada, Morales asinaba o 1-2 definitivo

G24.gal 25/01/2025 17:32 Última actualización 25/01/2025 21:24

Minuto a minuto

Ás 18:30h comeza o partido de Riazor. Xa coñecemos o XI inicial de Óscar Gilsanz

 

E este é o XI do Levante de Julián Calero:

 

 

1'

Comeza o partido en Riazor: Deportivo 0-0 Levante

7'

Sentida homenaxe a Lucas Pérez por parte do Estadio de Riazor

24'

Remata Sergio Lozano, e saca o balón Pablo Vázquez

32'

Bo pase de Yeremay a Barbero por dentro, pero crúzase Xavi Grande para enviar a córner antes do remate

44'

Sergio Lozano finaliza ogo do saque dun córner cun remate lonxano que sae preto da escadra

45+4'

Descanso en Riazor, logo dunha primeira metade con poucas ocasións. Deportivo 0-0 Levante

46'

Comeza a segunda parte en Riazor

47'

Remate de Obrador desde a esquerda que marcha moi cruzado

50'

GOL do Levante. Carlos Álvarez recolle un rexeitamento nunha contra e abre o marcador xusto cando mellor estaba o Deportivo no partido. Adiántase o Levante 0-1

55'

Busca o empate o Deportivo. Dobre remate de Mella contra a defensa, e remata despois José Angel. O balón acaba en córner

59'

Agora é Pablo Martínez o que finaliza unha contra para o Levante cun remate que marcha moi cruzado

63'

Contra clara do Levante, Morales regatea a Helton, e o seu remate sácao a córner Ximo

76'

Centro de Mella, e Bouldini non chega por pouco ao remate. Piden empurrón os xogadores do Deportivo, pero o árbitro non indica nada

81'

GOOOOOOOOOOL do Deportivo!!!! Xogadón de Yeremay desde a esquerda, remata primeiro Soriano, e despois Villares marca desde a frontal. Deportivo 1-1 Levante

83'

GOL do Levante. Balón ás costas da defensa con vantaxe para Pablo Vázquez, pero Morales aproveita o mal control e marca desde fóra da área. Deportivo 1-2 Levante

90'

Haberá 6 minutos de tempo engadido. O Deportivo busca a igualada, mentres o Levante agarda unha contra para pechar o partido

90+5'

Remate de Yeremay desde a frontal, moi centrado, detén sen problemas Andrés Fernández

90+6'

FInal do partido en Riazor. Un gol á contra de Morales fixo inútil o intento de remonta do Deportivo

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos