O Athletic creba a boa serie do Celta en Balaídos (1-2)
Berenguer e Vivian marcaron para os bilbaínos no segundo tempo
Hugo Álvarez recortou diferenzas e deulles emoción aos últimos minutos
Minuto a minuto
Sorpresa na aliñación do Celta. Claudio Giráldez tira de canteiráns e empregará sete no equipo titular. Tres deles formando a defensa -Javi Rodríguez, Yoel Lago e Carlos Domínguez-. Hugo Sotelo estrea o número catro ás costas e arriba entrar Durán, Borja Iglesias e Williot
👶 Claudio tira dos canteiráns
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) January 19, 2025
7⃣ Sete no equipo titular, con Yoel Lago como eixo da defensa
🆚 @RCCelta - @AthleticClub
En directo ás 14:00 en https://t.co/ms4dnIDSLK
E no minuto a minuto de https://t.co/dUu8XyNrvH pic.twitter.com/7eguxhTkts
Comeza o partido cos apupos da bancada para os colexiados!!!
Rematan os apupos en Balaídos. Os dous equipos queren o control do coiro. Vai ser unha loita de poder a poder

Remate de Berenguer que saca Yoel Lago!!! O primeiro remate a porta do partido
Centro de Nico Williams que ía directo á porta e atopou unha gran resposta de Guaita
Cabezada de Berenguer na frontal da área pequena que se vai por riba do traveseiro. Serio aviso

Centro de Durán que saca Gorosábel a córner. E o propio tomiñés remata desviado na seguinte xogada. Esperta o Celta!!!!

Guaitaaaaaa!!!!! Paradón impresionante do porteiro do Celta a disparo de Prados
Remata a primeira parte. Non houbo engadido. O Athlétic chegou con máis perigo pero atopouse con Guaita
Entra Hugo Álvarez por Williot e Mingueza no lugar de Cervi. Claudio quere mellorar o equipo para esta segunda parte a través dos trocos
Saca Hugo Álvarez un remate desde a frontal que marcha desviado
Berenguer rouba, encara á defensa do Celta e lanza con perigo para que interveña Guaita

0-1 Centro desde a dereita e Berenguer anticípase a Yoel Lago para lograr o gol
Xogada de ataque do Athlétic cun remate cruzado de Nico Williams que sae rozando o pau
0-2 Novo ataque do Athlétic con centro de Gorosábel e remate final de Óscar Vivian
1-2 Indecisión de Adama Boiro, rouba Hugo Álvarez e define diante de Unai Simón
Iñaki Williams, rozando o pau!!! Que perigo teñen os irmáns Williams en cada xogada na que participan
Vaise Nico Williams, remata e para Guaita. Á contra están chegando as ocasións para o Athlétic

Falla Pablo Durán só diante de Unai Simón!!! A xogada, anulada por fóra de xogo
Cinco minutos de engadido!
Final do partido!!! O Athlétic levou os puntos de Balaídos nun dos partidos nos que o Celta xerou menos perigo como local