O Celta non incomoda o Real Madrid no Bernabeu (2-0)
Marcaron Asensio ao final do primeiro tempo e Militao no inicio do segundo
Un Celta con moitas baixas apenas creou perigo na porta de Courtois
Minuto a minuto
Ás 21:00h comeza o partido no Santiago Bernabéu.
Real Madrid-Celta
Este é o XI Inicial de Carvalhal para o encontro:
📋✅ O noso 𝗫𝗜 inicial 🆚 @realmadrid!#RealMadridCelta #LaLiga pic.twitter.com/iUttboYco3
— RC Celta Galego (@RCCeltaGL) April 22, 2023
E este é o XI por parte do Real Madrid de Carlo Ancelotti:
📋✅ ¡Nuestro 𝗫𝗜 inicial 🆚 @RCCelta!@UnicajaBanco | #RealMadridCelta pic.twitter.com/1QGD4BEwWh
— Real Madrid C.F. (@realmadrid) April 22, 2023
Comeza o partido!!!!

Recupera Gabri Veiga e avisa cun remate desde a frontal
O Real Madrid controla o coiro pero os achegamentos son do Celta. Pisou dúas veces a área de Courtois nos últimos minutos

Tchouameni cabecea un córner moi desviado. Primeiro remate do Real Madrid
Probou Benzemá pero marchoulle ao segundo anfiteatro
Recupera Ceballos, conduce e remata fóra. O Real Madrid empeza a ameazar
Vinicius cae na frontal. Falta moi perigosa que Benzemá espeta na barreira
1-0 Vinicius supera a Kevin pola esquerda e asiste a Marco Asensio para que faga o primeiro

Descanso no Bernabeu!! O Real Madrid acertou no único lanzamento entre os tres paus que fixo na primeira parte

Entra Cervi no lugar de Solari. Comeza o segundo tempo!!
2-0 Saque de córner de Asensio que remata de xeito impecable Militao
Tira Seferovic e chapa Courtois. Resposta o Real Madrid cun disparo de Asensio que para Villar
Pase atrás que remata Aspas moi alto. O Celta intenta buscar a portería contraria

Gran xogada de Vinicius, remata Benzemá e salva Villar o terceiro
Entran Óscar e Paciencia por Gabri e Seferovic
Benzemá cabecea alto
Tivo Aspas o gol!!!! Encarou a Courtois pero non resolveu no man a man. No córner remata arriba Paciencia ... E entra Medrano por Kevin

Partido parado porque Paciencia está sangrando polo nariz logo dun golpe con Tchouameni

Camavinga combina con Rodrygo e o seu centro non atopa rematador
Remata o partido no Bernabeu coa derrota por 2-0. O Celta recibiu os goles en momentos chave, no final da primeira parte no comezo da segunda