Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ultiman os preparativos para a celebración dos magostos en Ourense

Ultiman os preparativos para a celebración dos magostos en Ourense

A celebración vaise estender durante a fin de semana por toda a provincia

G24.gal 10/11/2022 14:50

Ás portas do San Martiño, en Ourense, ultiman os preparativos para a celebración dos magostos. Hoxe en moitas casas tocan as últimas compras para o xantar de mañá. E na cesta da compra non faltan desta vez nin a carne nin os chourizos nin, por suposto, as castañas. Ingredientes imprescindibles para a celebración do magosto.

O día grande da festa é mañá, o propio día de san Martiño, festivo en Ourense, pero o certo é que a celebración dos magostos vaise espallar durante a fin de semana por toda a provincia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade