Cargando resultados...
Meloni descarta ante Zelenski o envío de avións de combate
Zelenski recriminou as declaracións de Berlusconi a prol de Putin

G24.gal
22/02/2023 08:33
A primeira ministra italiana viaxa a Ucraína. A semellanza do resto de líderes europeos, Giorgia Meloni visitou Kíiv e mantivo un encontro con Zelenski, no que ela lle amosou o seu apoio, pero rexeitou a subministración de avións de combate.
O presidente ucraíno aproveitou para recriminar a posición pública de Berlusconi, socio de goberno da italiana, que se manifestou abertamente a favor de Rusia e amigo de Putin.