Encontros cos autores, presentacións e música, na Feira do Libro de Ferrol
O sector comeza a feira coas mellores expectativas tras os bos datos de anteriores edicións
Nas casetas da Feira do Libro moitas novidades como as de Edicións Embora, editorial ferrolá que este ano fai 30 anos. Libros infantís da colección de Súper Mi, o superheroe para coñecer os océanos e o corpo.
"E tamén temos a novidade do oitavo tomo da colección histórica dos barrios de Ferrol", explica desde a editorial Beatriz Rodríguez. Variedade de xéneros, formatos e temáticas entre as recomendacións dos libreiros.
"Recomendo 'El tesoro del cisne negro", que de feito, pola dinámica do libro, podería lembrar a unha aventura de Tintín, pero neste caso é unha obra de coral, de varios personaxes que interveñen para recuperar o tesouro histórico dun galeón perdido", propón Manuel Rodríguez, de Metropolis Comics.
O sector comeza a feira coas mellores expectativas tras os bos datos de anteriores edicións.
Elena López, de Central Librera, destaca as actividades programadas "hai 35 autores en total que estarán por aquí estes tres días, hai atraccións musicais, hai sinaturas e presentacións". O libreiro ferrolá Ismael Cortizas lembra que "os últimos tres anos a feira foi moi boa polo que espero que, se o tempo acompaña, polo menos sexa tan boa como as anteriores".
Nesta primeira xornada abonda a presenza de novos lectores. É o caso dunha familia que acode ás casetas da Feira do Libro ao completo porque a avoa ten como costume agasallar seus netos cun libro por estas datas.
E no comezo desta festa do libro houbo tamén rock infantil como o de Pakolas, outro xeito de achegarse ao universo das letras.