Enio Mendes "Se queremos o título, os nosos extranxeiros deben gañarlle aos españois"
O xogador-adestrador do Arteal analiza a derrota na ida da final da Superliga de tenis de mesa

O conxunto santiagués caeu por 2 a 4 ante o conxunto catalán do Borges vall na ida da primeira eliminatoria polo título da Superliga masculina de tenis de mesa. Alí estivo o Galicia en Goles, conversando con Enio Mendes, que fai as veces de xogador e adestrador.
"Foi un encontro moi lindo, sabiamos que sería difícil, que tiñamos que comezar ben. Fixémolo e pensabamos que iamos por bo camiño ata o dous - dous. Alí houbo un punto de inflexión. Tiñamos opción de empatar co noso estranxeiro. É duro e agora hai que tentar atopar as solucións para a volta. Se queremos pasar de eliminatoria, loitar polo título, os nosos estranxeiros deben gañarlle aos españois."
A pesar do golpe moral que supón caer na casa, no conxunto santiagués manteñen as esperanzas de poder loitar polo título ata o final.
"Está complicado. Toca descansar e pensar na volta. Tamén nos daban por eliminados en cuartos e noutros partidos e fomos quen de superarnos"