Cargando resultados...
Entra en vigor a rebaixa do IVE na factura do gas natural
O Executivo central aprobou unha redución do 21 % ao 5 %

G24.gal
01/10/2022 10:35
Última actualización 01/10/2022 18:38
Este sábado entra en vigor a rebaixa do IVE do 21 % ao 5 % na factura do gas natural aprobada polo Goberno central para protexer as familias consumidoras nun contexto marcado pola escalada dos prezos da enerxía que sofre Europa tras a invasión rusa de Ucraína.
A rebaixa tamén se aplicará en todas as subministracións de gas natural destinadas ás caldeiras das comunidades de veciños que, polos volumes que manexan non poden acollerse á tarifa regulada (TUR), así como á compra de rachas, pellets e leña.