Cargando resultados...
Entra en vigor o embargo da UE ao petróleo ruso
Rusia non poderá vender cru a Europa transportado por mar, un veto que afectará o 90 % das importacións europeas

G24.gal
05/12/2022 11:37
Este luns entra en vigor o embargo indefinido da Unión Europea ao petróleo ruso. Rusia non poderá vender cru a Europa transportado por mar, un veto que afectará o 90 % das importacións europeas, uns 100 millóns de toneladas.
Moscova tamén terá prohibido transportar o cru vendido a terceiros países a un prezo superior a 60 dólares por barril, tal e como acordaron as potencias do G7.
O obxectivo destas prohibicións é minar a capacidade económica do Kremlin, moi dependente da venda de hidrocarburos, para financiar as operacións militares en Ucraína.