Cargando resultados...
Eroski lanza unha cesta da compra con produtos básicos rebaixados

G24.gal
08/03/2023 08:24
Última actualización 08/03/2023 08:35
Eroski convértese no primeiro supermercado en lanzar unha cesta da compra con produtos rebaixados. Inda que coincide no tempo co acordo alcanzado entre o Goberno de Francia e as grandes empresas de distribución, o grupo vasco explicou que xa leva desde o ano pasado con esta estratexia comercial para axudar os consumidores a intentaren facer fronte á inflación.
Eroski vai activar xa este mes de marzo as rebaixas en produtos básicos e frescos. Agora, o Goberno deixa en man das empresas de distribución emular o modelo francés, que de momento descartan.