Cargando resultados...
A fábrica de Guidoni de Narón pacta un ERTE por falta de material

G24.gal
29/03/2022 12:57
A falta de material derivado polo paro de transporte levou o cadro de persoal da factoría de Guidoni, en Narón, a pactar un ERTE temporal. A fábrica de taboleiros de pedra leva dúas semanas sen producir.
O expediente de regulación temporal ten un período de vixencia de tres meses e afecta a maioría dos 136 traballadores. Con todo, a compañía confía en que nuns días a incidencia do axuste se reduza ao persoal das quendas de fabricación dos taboleiros de maior tamaño, unhas 14 persoas, que irían rotando cos empregos suspendidos.