Escaseza de vieira no primeiro día da campaña na ría de Arousa
Cúmprense os prognósticos das mostraxes dos días previos: hai pouca vieira pero de calidade
Había poucas esperanzas, porque as mostraxes indicaban que eran escasas, pero o tamaño é xeitoso e, aínda que se confirmou que hai moito menos que outros anos, queda moito por traballar. Por iso, a sensación na ría de Arousa é agridoce no primeiro día da campaña da vieira. Doce porque a que hai dá a medida e é boa; e agre porque, quéixanse os mariñeiros da Confraría de Cambados e Rianxo, hai moita menos da que esperaban.
Arredor de 20 de embarcacións saíron á vieira do porto de Cambados. Traballaron augas interiores da ría de Arousa, a zona 3-1: Boiro, Rianxo e Vilagarcía. As mostraxes dos días previos non convidaban ao optimismo en canto á cantidade, pero si á calidade. En declaracións á Televisión de Galicia parece máis ben un final de campaña, os mariscadores non perden a esperanza de ir mellorando co paso dos días.