Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda urxe o Goberno a que complete o traspaso das competencias sobre o litoral

Rueda urxe o Goberno a que complete o traspaso das competencias sobre o litoral

A Xunta anunciou que van crear oficinas en Viveiro, Ferrol, A Coruña, Ribeira, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e Vigo para ofrecer asesoramento gratuíto a empresas e autónomos sobre as axudas do Fondo Europeo de Pesca

G24.gal 21/01/2025 14:22

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reiterou este martes a súa petición ao Goberno para que transfire os medios e recursos necesarios para que Galicia poida aplicar a Lei do Litoral, como acordaron o pasado 17 de decembro. Rueda fixo esta demanda na presentación en Vigo dunha rede de oficinas de asesoramento ao sector pesqueiro. 

O xefe do Goberno galego afirmou que comeza un ano "ilusionante" para o sector, porque será o da "engalaxe" da lei do litoral. Tras anos de "incertezas" sobre a permanencia de actividades económicas na costa, apuntou, a partir de agora poderán "aproveitarse as oportunidades" que ofrece o litoral galego.

A Xunta anunciou que van crear oficinas en sete concellos -Viveiro, Ferrol, A Coruña, Ribeira, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e Vigo- para ofrecer asesoramento gratuíto a empresas e autónomos sobre as axudas do Fondo Europeo de Pesca. Este fondo busca fomentar a pesca sostible ou incrementar a seguridade alimentaria e ten un orzamento para España de 1.120 millóns de euros. Galicia percibe máis do 40 % desa cantidade e o obxectivo destas oficinas é evitar que se perdan axudas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos