Publicador de contidos

Publicador de contidos

Boas perspectivas na campaña da vieira que empezou este luns en Barallobre

Boas perspectivas na campaña da vieira que empezou este luns en Barallobre

Prevén extraer máis de corenta toneladas de bivalvo, a maioría de tamaño grande, nas 24 xornadas de traballo programadas

Imaxe da entrada das primeiras vieiras da campaña extractiva que empezaron este luns os profesionais da Confraría de Barallobre, Fene.
G24.gal 20/01/2025 14:13

Cara á lonxa de Barallobre, Fene, entraba pasada as dez e media da mañá a primeira descarga de vieira dunha campaña que o mariscador Luis considera boa:

"Hai vieira bastante e case toda grande... de quitado unha pouquiña pequena... vaia ´pequena´ xa ve como é, por se non dá os quilos. Pero ben. Rastréase ben, está ben a cousa", di.

 A perspectiva desta confraría é extraer 1.700 quilos cada día de traballo de aquí ao 27 de febreiro coidando de deixar na ría as de menos de doce centímetros como medida de protección do recurso. 9 de cada dez son de talle grande.

 "A vieira está chea a rebordar. É unha vieira boa e grande. Imos a dous tamaños como na campaña pasada e que fixemos ben; de 12 a 13 tamaño mediano e de 13 cm para enriba, grande. O prezo vai ir a 4,20 a mediana e a 4,75 a grande, falando de prezo ao armador" di Jorge López Pena, patrón da Confraría de Barallobre.

Ás cifras sinaladas hai que engadirlle as taxas das lonxas, o IVE, e os custos da depuración e da evisceración que se efectúa nas instalacións de Artesa Rías Baixas.  

Lembra o patrón da Confraría que o ano pasado a toxina variou os plans de extracción, mentres que esta campaña, a priori, se presenta "bastante boa", di Jorge López.

As vieiras da estrea de campaña de Barallobre entran agora no proceso de depuración e logo evisceración. Este mércores chegarán  ao mercado para a venda en fresco do produto extraído por un total de 34 profesionais.

"Se pagan e seguen mercando, hai vieira bastante", di Luis, un dos mariscadores partícipe da primeira descarga da campaña de 2025.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade