Cargando resultados...
Esgotados os Bonos Activa Comercio en dez días
A campaña da Xunta xera vendas por valor de 12 millóns de euros

G24.gal
18/10/2023 20:22
O Bono Activa Comercio da Xunta esgota o seu orzamento en dez días tras xerar vendas por valor de 12 millóns de euros.
Na cuarta edición do programa para fomentar as compras de proximidade participaron 6.700 establecementos. E foron máis de 120.000 os clientes que utilizaron os bonos con 30 euros de desconto.
Unha vez esgotados os dous millóns e medio de euros destinados pola Xunta a esta iniciativa, os Bonos Activa Comercio descargados xa non se poden utilizar.