Publicador de contidos

Publicador de contidos

España aplicará dende este sábado control sanitario aos voos procedentes da China

España aplicará dende este sábado control sanitario aos voos procedentes da China

Consistirán nunha revisión documental, visual e de temperatura e na realización dunha proba diagnóstica de infección activa por SARS-CoV-2

G24.gal 30/12/2022 23:20 Última actualización 31/12/2022 11:50

España poñerá en marcha este sábado as medidas de control sanitario a pasaxeiros procedentes de voos coa orixe na China, segundo informou esta noite o Ministerio de Sanidade.

Deste xeito, equipos de Sanidade Exterior, en coordinación co Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana a través de AENA, realizarán a estes pasaxeiros controis sanitarios nos aeroportos de entrada a España, que consistirán nun control documental, visual e de temperatura e na realización dunha proba diagnóstica de infección activa por SARS-CoV-2.

O primeiro voo afectado por estas medidas adoptadas polo Goberno chegará ao aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barallas ás 18:00 horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos