Contido coa etiqueta .
Voos

Voar dende A Coruña a Xenebra no Nadal xa supera os 820 euros
21/11/2024 14:21
Moitos galegos que residen no estranxeiro xa están botando contas do que lles vai custar a volta á casa

Salto en paracaídas e voos de introdución no XVI Criterium aeronáutico de Galicia
29/09/2024 14:50
O evento, que se celebra no aeródromo de Rozas, pretende achegar o mundo da aviación a todos os públicos

Día de moita actividade en Peinador ao asumir os voos de Sá Carneiro
10/09/2024 15:56
O aeroporto de Vigo recibe parte do tránsito aéreo do Porto polas reformas na terminal lusa

O temporal deixa nove feridos e 53 voos cancelados nas Baleares
14/08/2024 18:26
Salvamento Marítimo conseguiu rescatar un pescador, que quedou agarrado a un anaco da súa barca
A maioría das cancelacións foron no aeroporto de Palma

Os aeroportos españois volven á normalidade tras a caída mundial de Microsoft
20/07/2024 13:59
Aena asegura que xa non hai incidencias nas terminais polo apagamento informático
O mundo comeza a superar o caos xerado pola actualización dun software de CrowdStrike

Continúan os atrasos nos aeroportos españois polo fallo informático global de Microsoft
19/07/2024 20:47
O Prat e Baraxas acumulan demoras de ata dúas horas con miles de pasaxeiros afectados e moitas aglomeracións nas terminais
Máis de 33.000 voos atrasados e unhas 3.700 cancelacións en todo o mundo

Aumenta o número de voos internacionais nos aeroportos galegos
14/07/2024 14:32
Amplíase a oferta turística con voos chárter a Exipto, Croacia ou Eslovenia
Increméntanse os voos internacionais regulares a destinos como Suíza ou o Reino Unido

Voos cancelados e con atrasos no aeroporto de Mánchester por un corte eléctrico
23/06/2024 11:16
É o comezo da tempada de vacacións de verán no terceiro aeroporto máis transitado do Reino Unido

A folga de Iberia en Santiago provoca a cancelación de conexións con Madrid e Bilbao este xoves
15/05/2024 18:17
Convocáronse dúas xornadas de paro para os días 16 e 17 para denunciar a "sobrecarga" de traballo por "falta de persoal", un problema acrecentado polo peche de Peinador

A CE pon obxeccións á fusión de Iberia e Air Europa ao crer que pode subir prezos
26/04/2024 20:06
A Comisión Europea considera que a adquisición da aeroliña por parte de IAG pode reducir a competencia e así aumentar os prezos ou diminuír a calidade dos servizos
Iberia asegura que a competencia estará garantida e comprométese a que ningunha ruta quede operada exclusivamente por Iberia e Air Europa

Neste remate da Semana Santa van operar en Galicia preto de 300 voos
31/03/2024 15:11
Santiago vive este domingo a xornada de maior actividade das vacacións
Entre o domingo e o luns hai programadas 272 conexións nos tres aeroportos

Máis dun milleiro de voos van operar en Galicia esta Semana Santa
23/03/2024 14:57
O aeroporto de Santiago ten programadas 682 conexións ata o luns de Pascua
A Semana Santa arranca cunha fin de semana de menos voos ca o ano pasado

21/02/2024 20:24
É unha proposición non de lei coa que van instar o Goberno a cumprir o acordo

Atrasos, maletas en terra e cancelacións, na terceira xornada de folga en Iberia
07/01/2024 20:58
Iberia cancelou para este domingo once voos entre Galicia e Madrid
A última hora da tarde cancelaban no aeroporto Rosalía de Castro de Compostela o voo con destino a Bilbao

Segunda xornada de folga do servizo de asistencia en terra de Iberia
06/01/2024 20:39
A compañía afirma que o seguimento non chega ao 16 %
Os sindicatos elévano ao 80 % e din que as repercusións irán a máis

Refachos de vento de ata 126 km/h en Euskadi cancelan seis aterraxes en Bilbao
02/01/2024 20:28
Uns regresaron ao aeroporto de orixe e outros desviáronse aos máis próximos

Os aeroportos galegos despiden o ano con 400 voos programados
30/12/2023 16:47
O Rosalía de Castro de Santiago concentra máis da metade das conexións previstas ata o luns

444 voos veranse afectados pola folga de Iberia dos días 5, 6, 7 e 8 de xaneiro
29/12/2023 19:13
A aeroliña asegurou que vai ofrecer "as mellores alternativas posibles aos 45.641 pasaxeiros afectados"
Os pasaxeiros poderán realizar cambios a través da web de Iberia, das axencias de viaxes ou do Centro de Atención ao Cliente da compañía
UXT e CCOO anuncian unha folga de catro días en Iberia do 5 ao 8 de xaneiro

Reencontros familiares por Noiteboa nas estacións e nos aeroportos galegos
24/12/2023 14:37
Segundo datos de Aena, este domingo están previstos 90 voos en toda Galicia
O luns de Nadal haberá un total de 64 operacións, de saída e chegada

Fin de semana de reencontros familiares nos aeroportos galegos
23/12/2023 14:46
Este sábado están previstos 107 voos en toda Galicia
O domingo de Noiteboa haberá 90 voos

Programados máis de 300 voos nos aeroportos galegos esta fin de semana
09/12/2023 14:52
Máis da metade dos voos con saída e chegada a Galicia nesta fin de semana operan desde o aeroporto de Santiago
O aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro superou en novembro a súa marca anual de pasaxeiros, con máis de 3,2 millóns

Deixan en terra os pasaxeiros dun voo Vigo-Madrid para transportar os xogadores do Sevilla
05/11/2023 21:43
Decenas de pasaxeiros tiveron que agardar á mañá seguinte para poder dirixirse a Madrid
Air Nostrum pide desculpas e indemnizará a todas as persoas afectadas

Demoras nalgúns voos en Galicia como consecuencia da DANA
03/09/2023 21:02
Houbo atrasos en varios voos procedentes do aeroporto de Madrid e tamén na saída dos voos de regreso ao aeroporto Adolfo Suárez
As demoras foron aproximadamente dunha hora

Intensa actividade nos aeroportos: uns regresan e outros marchan de vacacións
02/09/2023 14:10
Nos tres aeroportos galegos hai programadas este sábado un total de 126 operacións, entre os voos de saída e os de chegada

Previsións optimistas nos aeroportos galegos para a tempada de verán
03/06/2023 14:21
O aeroporto Rosalía de Castro rexistrou un millón de viaxeiros nos primeiros catro meses
Para o verán aumentan as frecuencias e volven os voos de temporada ás tres terminais

Air Europa cancela 14 voos, dous en Galicia, na primeira das xornadas de folga dos pilotos
22/05/2023 14:00
Os pilotos teñen convocados 7 días máis de paro

Aeroliñas pagan alugueiro de coches a pasaxeiros que sofren atrasos
14/04/2023 13:15
A xustiza obriga a pagar os danos reais polos medios alternativos que necesite a persoa viaxeira

Máis dun cento de viaxeiros, atrapados en Santiago pola cancelación dun voo do Imserso
07/04/2023 14:34
O avión avariouse nas Baleares e os que esperaban en Santiago tiveron que facer noite na cidade
Finalmente voaron a Almería con case 20 horas de atraso

Operación retorno con máis de 200 voos durante a fin de semana
07/01/2023 14:24
O domingo será o día de máis actividade aérea da operación retorno
Un voo procedente de Madrid con destino Peinador desviouse a Santiago

España aplicará dende este sábado control sanitario aos voos procedentes da China
30/12/2022 23:20
Consistirán nunha revisión documental, visual e de temperatura e na realización dunha proba diagnóstica de infección activa por SARS-CoV-2

Os atrasos nun voo a Santiago atrapan un cento de pasaxeiros en Lanzarote
08/12/2022 15:11
Levan case 24 horas no aeroporto de Lanzarote esperando o embarque
Os festivos, os venres, domingos e luns, hai folga de tripulación de cabina en Vueling

Susto nun avión que caeu en picado en Vigo durante uns segundos
22/11/2022 14:19
Un pasaxeiro conta que os móbiles saíron voando e algúns pasaxeiros deron coa cabeza no teito do avión
O mal tempo impediu que aterrase en Galicia e regresou a Madrid
"Non volvo subir a un avión. Volvo andando se fai falta", dixo un dos pasaxeiros

Unha galega foi pioneira ao facer o primeiro voo sanitario en España en 1922
02/11/2022 21:05
Era unha enfermeira nada en Láncara que participou nunha misión sanitaria en avión na Guerra do Rif
Foi o 1 de novembro de 1922, cando estaba no hospital militar de Melilla e socorreu os feridos españois polo ataque dos marroquís na batalla de Tizzi Azza
A prensa da época tratouna coma a unha heroína e foi recibida en audiencia pola raíña Vitoria Uxía e o rei Afonso XIII

Cales son os dereitos dos viaxeiros se se atrasa ou cancela un voo?
28/08/2022 11:55
As compensacións máis comúns son o reembolso do importe do billete ou a alternativa de transporte
As devolucións son distintas dependendo do medio de transporte e a distancia á que se atopa o destino

Comeza unha nova semana de folga entre os traballadores de Ryanair
15/08/2022 14:23
Esta mañá no aeroporto Rosalía de Castro producíronse dous atrasos por causa das protestas
A folga continuará ata despois de Nadal todas as semanas de luns a xoves

75 voos cancelados este sábado en España por mor da folga de traballadores de Ryanair
25/06/2022 21:34
Dende Santiago non houbo a conexión a Marsella e oito avións saíron con atraso.
Os sindicatos convocantes da folga denuncian que a empresa trouxo pilotos de Marrocos para operar en voos en España

A pandemia reduciu á metade o tráfico aéreo en Portugal
18/01/2022 14:15
O trasfega nos aeroportos portugueses viuse seriamente afectado en 2020 e 2021
Os galegos utilizamos menos o aaroporto do Porto en comparación co 2019
.png)
11/01/2022 16:25

Retómase o tráfico aéreo no aeroporto de Vigo tras reparar a pista danada
02/01/2022 20:20
Peinador estivo pechado durante 48 horas por unha fochanca na pista
Cancelados ou desviados 34 voos polas obras de arranxo

Os desvíos a Santiago tras o peche de Peinador non evitaron atrasos e perdas de enlaces
02/01/2022 19:17
Os pasaxeiros afectados queixáronse de falta de información